Achego a nova publicada na Voz de Galicia:
O empresario taurino di que non hai corrida en San Xoán por motivos políticos
"O empresario que durante os últimos 30 anos organizou as corridas de touros do San Xoán de Sarria, Juan Santos, di que este ano non se celebrarán por un problema político. «O alcalde díxome que por el non habería problema, pero que os seus socios de goberno do BNG ameazáronlle con romper o pacto se había touros».
Juan Santos non entendeu a postura do equipo de goberno e puxo como exemplo o caso de Pontevedra, cidade na que goberna un edil nacionalista, pero que cada ano organiza un excelente festival taurino no que o Concello colabora cunha importante achega económica.
O responsable de organizar a corrida do San Xoán durante tres décadas lamentou que se perda unha tradición tan arraigada e que atraía a Sarria a centenares de visitantes de distintos puntos de Galicia."
miércoles, 18 de junio de 2008
viernes, 30 de mayo de 2008
CRISANTEMOS
E como non van ser todo bichos, e polo momento non teño fotos moi recentes, deixo ista do ano pasado, deberu de ser aló por setembro-outubro, cos crisantemos totalmente en flor. Por mais que moitos aborrezan esta pranta pola súa relación cos cemiterios e os difuntos, para min ten unhas cores impresionantes.
Trepando polo poste de pedra vemos o xazmín que esta no xa medrou bastante e botou unha primeira floración bastante aromática (pena que a choiva non nos deixou desfrutar del, claro)
A buganvilla que puxera no outro poste para que enredase tamén pola pérgola secou, non aguantou as xiadas, e iso que pegara un bó estirón, mais por moito que me digan , esa planta non aguanta nada! Terei que atopar outra trepadora mais forte e tamén sen olor (para non recargar moito, xa está o xazmín ao outro lado) para substituila.
O GATO LIMÓN

Hoxe lembreime do primeiro micho que chegou a casa (a outra gata, a Letizia da que xa vos amosarei fotos, xa veu comigo)
Os meus sobriños decidiron que se chamara Limón, era un gato marabilloso, digo era porque un día marchou a dar un paseo deses dos que tanto gustaba e non volveu, confío en que atopara unha gatiña que lle ofrecera mellor compaña que a nosa.
Era unha gozada ver a irmandade que mantiñan Mourinho e Limón, todo o día xuntos, nos xogos, no descansos, ver a delicadeza coa que Mou xogaba con el sabéndoo tan feble, ver cómo o limón botaba as unllas sen chegar a danar ao can, en fin, unha pena que un día decidira buscar outros mundos.
Lembro tamén os paseos polo monte co mou...e co limón que viña sempre con nós a dar os nosos paseiños e a xogar...
Sirva este post como lembranza do meu amigo limón
jueves, 29 de mayo de 2008
A Xunta limita a caza do lobo

"O lobo já nom é umha espécie cinegética na Galiza. O primeiro plano de gestiom do lobo que prepara a Xunta elimina o aproveitamento cinegético desta espécie, umha medida que vinham reclamando com insistência as associações conservacionistas. Seguiram-se matando lobos, mas a partir de agora as batidas vam estar controladas pola administraçom e deverám contar com o informe favorável dos técnicos. Estima-se que em território galego existem entre 60 e 70 manadas de lobos, umha das principais populações lobeiras da Península"
O Mourinho!!

Para empezar aquí deixo unha foto do rei da casa, o "Mourinho", eiquí ainda era novo (3 meses) e levaba pouco tempo con nós.
Está simpática a foto coas orellas colgando cada unha para un sitio.
Eran tempos de aprender a mexar fora da casa, de correr coa fregona escaleiras arriba e abaixo, de coser a alfombra que mordisqueaba, de curar as feridas nas mans dos xogos con eses dentes de leite tan afiados, de mercar pares e pares de zapatillas, de atopar calcetíns en lugares da casa que descoñecía que existían, eran tempos de Non! Sit! e Plas! en fin, tanto e tanto traballo...
E é que vese así tan bonito, tan doce, tan boíño, con esa cariña, mais que non se engane ninguén, ese can levaba o demo dentro!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)