martes, 30 de septiembre de 2008

SÁBADO CON MOU



Este foi un bonito sábado. Pola mañá de paseo ao "Coto de Xirimbao" (Canto tempo sen ir por alí!)
A ponte colgante estaba aberta, polo que tiven que experimentar co Mourinho a ver se cruzaba, e velahí tedes a foto.
Despois da fazaña, e como non podía ser doutra forma, unha estrela e unha boa sestiña.

jueves, 25 de septiembre de 2008

CURRO


Este é "Curro" un bonito cachorro de pastor de Brie. É o can do meu cuñado, e pasou o verán na ría de Muros e Noia connosco.
Como todo cachorro, non facía mais que durmir e xogar (morder a Mou, arañar, destrozar, e demais trasnadas)
O Mou respirou un pouco mais tranquilo cando o víu marchar.

LETIZIA


Por fin tócalle o turno á "Leti", sen contar os morcegos que fuxiron cando nos chegamos, foi o primeiro bicho que entrou na casa.
Leva comigo catro anos, recollina da antiga protectora (cando ainda non existía o Refuxio en Compostela)
Aseguráronme que non duraría xa que fora abandoada sendo ainda moi cativa. O certo é que estaba nos osos e non tiña pelo, daba lástima tan feiña...
E agora, ahí a tedes catro anos despois, a princesa da casa (pese ao seu carácter)

CAN OU RENO???


miércoles, 3 de septiembre de 2008

miércoles, 27 de agosto de 2008

O FELIPE


Este é o pequeno Felipe, nun descanso entre xogo e xogo no xardín, baixo a atenta mirada do Mourinho...

miércoles, 18 de junio de 2008

SARRIA LIBRE DE TOURADAS...POR FIN.

Achego a nova publicada na Voz de Galicia:

O empresario taurino di que non hai corrida en San Xoán por motivos políticos

"O empresario que durante os últimos 30 anos organizou as corridas de touros do San Xoán de Sarria, Juan Santos, di que este ano non se celebrarán por un problema político. «O alcalde díxome que por el non habería problema, pero que os seus socios de goberno do BNG ameazáronlle con romper o pacto se había touros».
Juan Santos non entendeu a postura do equipo de goberno e puxo como exemplo o caso de Pontevedra, cidade na que goberna un edil nacionalista, pero que cada ano organiza un excelente festival taurino no que o Concello colabora cunha importante achega económica.
O responsable de organizar a corrida do San Xoán durante tres décadas lamentou que se perda unha tradición tan arraigada e que atraía a Sarria a centenares de visitantes de distintos puntos de Galicia
."