martes, 30 de septiembre de 2008

SÁBADO CON MOU



Este foi un bonito sábado. Pola mañá de paseo ao "Coto de Xirimbao" (Canto tempo sen ir por alí!)
A ponte colgante estaba aberta, polo que tiven que experimentar co Mourinho a ver se cruzaba, e velahí tedes a foto.
Despois da fazaña, e como non podía ser doutra forma, unha estrela e unha boa sestiña.

jueves, 25 de septiembre de 2008

CURRO


Este é "Curro" un bonito cachorro de pastor de Brie. É o can do meu cuñado, e pasou o verán na ría de Muros e Noia connosco.
Como todo cachorro, non facía mais que durmir e xogar (morder a Mou, arañar, destrozar, e demais trasnadas)
O Mou respirou un pouco mais tranquilo cando o víu marchar.

LETIZIA


Por fin tócalle o turno á "Leti", sen contar os morcegos que fuxiron cando nos chegamos, foi o primeiro bicho que entrou na casa.
Leva comigo catro anos, recollina da antiga protectora (cando ainda non existía o Refuxio en Compostela)
Aseguráronme que non duraría xa que fora abandoada sendo ainda moi cativa. O certo é que estaba nos osos e non tiña pelo, daba lástima tan feiña...
E agora, ahí a tedes catro anos despois, a princesa da casa (pese ao seu carácter)

CAN OU RENO???


miércoles, 3 de septiembre de 2008